lunes, 20 de abril de 2009

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO

Marilar Aleixandre

Xerais

O libro a expedición do Pacífico é un libro que limos na nosa hora semanal de lectura na clase de Galego. Encantoume!

Conta as aventuras dun grupo de intrépidos aventureiros en busca de emocións nos fabulosos bosques e pradeiras tropicais. Andrés é un dos ocupantes do grupo e é botánico, a súa irmá pequena Emilia está moi enfadada pola inxustiza que se está a cometer coas mulleres nesta época. Sen pensalo dúas veces escóndese no navío que ía destino as costas americanas. O primeiro en descubrila foi o seu irmá Andrés e deciden que o máis oportuno é disfrazala de home.
Os aventureiros seguen co seu programa, ata que xa dous anos despois a verdade de que Emilia, agora chamada Marcos, é unha muller...

Podería seguir contando o que sigue pero creo que é mellor que o leades.

No hay comentarios: