lunes, 20 de abril de 2009

MANGA


Dentro do mercado xaponés hai unha grande variedade de estilos e xéneros, sendo esta unha das súas principais cualidades. O concepto de medio de masas máis que coma entretemento minoritario axudou ao manga a conquistar públicos moi diferentes no seu país de orixe e públicos que habitualmente non len ou leran.

Outra das características máis interesantes é que no manga hai unha cantidade de obras feitas para público femenino e por autores femeninos similar ás de homes, moi lonxe da clara tendencia masculina da BD (Banda Deseñada) americana e en parte da BD europea.

A orde de lectura dun manga xaponés é á inversa da ocidental, ou sexa, iníciase da capa do libro co lombo á sua dereita (correspondendo á contraportada ocidental), sendo a lectura das páxinas feita da dereita para a esquerda (incluídos os diálogos). Alguns mangas publicados fora do Xapón posúen a configuración habitual do Ocidente.

Alén diso, o interior é impreso en branco e negro, contando esporadicamente con algunhas páxinas a cor, xeralmente no inicio dos capítulos, e en papel reciclado tornándoo barato e accesible a qualquer persoa.

Hoxe en día o mundo do manga e o anime (termo xaponés para "debuxos animados") ten unha lexión de entusiastas do medio, que se chaman a si mesmos otakus (de "obsesionado" en xaponés), o que quere dicir, fanáticos do manga.

O manga é habitualmente criticado por ser predominantemente violento, sexual e maniqueísta, pero isto supón unha crítica evidentemente superficial e errónea. Heidi, Marco ou Doraemon son series imposibles de encaixar dentro destes adxectivos. Ademáis, un dos erros comúns das televisións en España é programar en horario infantil, como series para público infantil, series que no seu país de orixe teñen un público adolescente e mesmo adulto (casos como Dragon Ball ou Shin Chan son mostra desta situación). Isto leva a que pais e asociacións xeneren un certo receo cara os produtos animados de orixe xaponesa.

(Fonte: Wikipedia)

Hai varios tipos de xéneros, dos cales os máis frecuentes e principais son:

Shônen: Manga para rapaces adolescentes. Soen conter moita acción.
Shôjo: Manga dirixido especialmente para rapazas adolescentes. Soe tratar temas amorosos.
Ecchi: Mangas con un pequeno contido erótico. NON é pornografía.

Ainda que hai rapaces que leen shôjo e rapazas que leen shônen.
Cando un manga alcanza certo grao de fama, se lle fai o seu anime. O anime é a versión animada do manga en cuestión. Soe estar bastante máis censurada, co fin de que sexa accesible para un maior abano de público (Xa que no manga Ecchi poden saír partes explícitas, pero, a quen lle importa? XD)

O manga caracterízase por corpos estilizados e ollos grandes. As mulleres soen ser bastante delgadas e os rapaces soen levar peinados raros.

Agora, recomendo algúns mangas segundo os vosos gustos, pero repito que debedes encontrar un, buscando. No Fnac da Coruña podedes ver unha gama bastante grande (Non todos os títulos están ahí):

Death Note, de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata: Light é un fantástico estudiante, que recolle un "caderno da morte". Se escribes un nome nel, a persoa que se chame así morrerá. Light decide purgar o mundo de crimináis, querendo formar a sociedade perfecta. L, un detective ó que nunca se lle veu a cara, investiga no caso. Un manga bastante enrevesado e retorcido, para os que lles guste pensar.

Fullmetal Alchemist, de Hiromu Arakawa: Edward e Alphonse son dous alquimistas, no que nun accidente alquímico perderon un brazo e unha perna, e Alphonse o corpo.Buscan a pedra filosofal para restaurar os sues corpos. De aventuras, con dosis de humor e unha fantástica historia.

Bleach, de Tite Kubo: Ichigo Kurosaki é un estudiante que pode ver fantasmas. unha noite, atópase cun Shinigami (No folclore xaponés son os mensaxeiros da morte), que son os encargados de enviar as almas á Sociedade de Almas e purificar os Hollow, espíritos corrompidos devoraalmas. Un Hollow ataca á familia de Ichigo, e a Shinigami vese ferida e traspásalle os poderes. Nese momento, Ichigo vólvese Shinigami. Moita acción e humor.

Tenjô Tenge, de Oh Great!: Manga Ecchi. Soichirô e Bob son dous amigos que van polas academias de todo Xapón, pelexando cos estudiantes. Pero no seu obxetivo Nº100, atópanse coa atractiva e poderosa Maya, e comprenden que non son tan fortes como pensaban. Entran nesa academia para facerse máis poderosos. Moita loita.

Chobits, de CLAMP: Hideki é un rapaz independizado, con 17 anos. Vive nun mundo futurista, onde os ordenadores teñen forma de rapazas bonitas. A pesar de traballar moito, non gaña o suficiente para un. Casualmente, encóntrase cun na basura. Decide levala para casa, pero ó conseguir encendela descobre que non sabe falar. Claro que, Chii (Como lle acaban chamando) é algo máis que un robot sen sentimentos... Comedia romántica.

Rosario to Vampire, de Akihisa Ikeda: Tsukune Aono é un rapaz adolescente que ingresa por error nunha academia de entes. Pasa desapercibido, e alí coñece a vampiro Moka, con quen fai un vínculo de amizade forte. Manga o que se lle podería chamar Ecchi, é máis unha comedia romántica aínda que haxa algunhas peleas.

Se vos interesa, podedes buscar en Anime ou en Manga

No hay comentarios: