lunes, 9 de marzo de 2009

MOLLY MOON

Estou a ler o cuarto libro de "Molly Moon y la Máquina de Mentes". Estes libros tratan sobre unha rapaza orfa que vive nun orfanato co seu mellor amigo Rocky. Descobre o poder que ten de hipnotizar grazas a un marabilloso libro. Novela a novela vas descubrindo poderes novos que esta rapaza posúe como deter o tempo, viaxar a través del e nesta última entrada ler mentes.

Nas súas aventuras será acompañada por Pétula a súa cadela, Rocky o seu mellor amigo e amigos novos que a axudarán ao longo da viaxe.

Os libros desta coleción son:

Molly Moon y el incréible libro del hipnótismo

Molly Moon detiene el mundo

Molly Moon viaja a través del tiempo

Molly Moon y la máquina de mentes

Espero que todos os leades xa que son uns libros moi interesantes, divertidos e de fácil lectura a pesar do grandes que son.

No hay comentarios: