lunes, 31 de mayo de 2010

Air Gear


Esta historia baséase nunha actualidade lixeiramente avanzada. Ikki, na súa mocidade, descubre o mundo dos Air Treck, patíns con motores eléctricos tan potentes como os dun automóvil coa capacidade de facer grandes saltos. Isto desperta o seu desexo latente de poder voar, voar polo ceo, cada vez máis alto. Movido polas dificultades económicas para este deporte, Ikki forma un equipo de A.T. e métese na Parts War, un sistema de peleas onde, a través de diferentes modos de partida, pódese ir subindo de nivel e obter recambios cos que mellorar os seus patíns. Pero o que comeza sendo un simple pasatempo rematará tendo consecuencias mundiais...

Oh!Great segue impresionando co seu debuxo dinámico, o seu humor bestia e a súa capacidade de deixar cabos soltos para logo ilos atando. Personalmente, os primeiros tomos dan unha idea bastante equivocada do que será unha historia, así que ata o tomo 4 a cousa non se anima. A serie segue aberta.

lunes, 10 de mayo de 2010

Avatar

Avatar, é unha película realmente interesante e apasionante, conta unha historia que nos fai ver (na miña opinión) como os humanos queremos posuír todo aquilo que vemos. Cremos que somos os donos de todo.

Esta historia compaxina aventura, amor, suspense e ciencia fición. Eu creo que é unha combinación moi boa e ademais é moi bonito na miña opinión ver como os "nativos" aman a natureza.

Expón tamén unha verdade moi grande nesta frase do final: "Y los alienígenas regresaron a su planeta moribundo".

Cando me din conta de que se refería a nós, os humanos, ao principio sorprendinme, pero despois, dinme de conta do que quería dicir. Nós somos os ocupantes da terra os "nativos da Terra" e estamos a destruir a nosa propia casa que tan ben se porta e se portou con nós. Debemos coidar da Terra que é o noso fogar.

Eu non a vin en 3D pero seguro que ten moitas partes xeniais para ver así.

Imaxe atopada aquí

Alicia no pais das marabillas.

Recomendo esta pelicula porque é moi bonita sobretodo en 3D. A parte que máis me gustou foi cando Alicia está no pais das marabillas. As peliculas me gustan moito en 3D porque se ve como as cousas pasanche por encima.