lunes, 31 de mayo de 2010

Air Gear


Esta historia baséase nunha actualidade lixeiramente avanzada. Ikki, na súa mocidade, descubre o mundo dos Air Treck, patíns con motores eléctricos tan potentes como os dun automóvil coa capacidade de facer grandes saltos. Isto desperta o seu desexo latente de poder voar, voar polo ceo, cada vez máis alto. Movido polas dificultades económicas para este deporte, Ikki forma un equipo de A.T. e métese na Parts War, un sistema de peleas onde, a través de diferentes modos de partida, pódese ir subindo de nivel e obter recambios cos que mellorar os seus patíns. Pero o que comeza sendo un simple pasatempo rematará tendo consecuencias mundiais...

Oh!Great segue impresionando co seu debuxo dinámico, o seu humor bestia e a súa capacidade de deixar cabos soltos para logo ilos atando. Personalmente, os primeiros tomos dan unha idea bastante equivocada do que será unha historia, así que ata o tomo 4 a cousa non se anima. A serie segue aberta.

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Recordo ter un pouco lido por Internet, ademáis de que ti me ensinaches algunha que outra páxina.
Si, contén chistes bastante bestias, e cousas...bueno, cousas. De feito, aínda que me gustara, non o recomendaría, xustamente porque se pasan un pouco.
O personaxe que máis me gusta é Agito (atención, Agito, non Akito), pola súa maneira de ser, tan extraña.