lunes, 26 de abril de 2010

Alicia no País das Marabillas

Alicia no País das Marabillas é unha historia sobre unha nena que viaxa ao país das Marabillas seguindo a un coello blanco. Este libro está escrito por Lewis Carroll, un autor de orixe inglesa. Este libro foi un dos meus favoritos, porque ten algo especial, é moi divertido e entretido. A historia está , porque a idea de unha viaxe a un mundo controlado por unha raiña tola obsesionada con cortar cabezas. As personaxes están todas tolas e é todo moi extravagante. As miñas personaxes favoritas son Alicia, o sombrereiro tolo, a lebre de marzo e o gato de Cheshire.

Este libro recomendoo porque está ben para pasar un bo rato lendo e divertirse cuha historia diferente.

Agora é máis coñecido que antes, aínda que sempre foi un libro moi lido, grazas a nova película de Tim Burton , "Alicia en el País de las Maravillas".

Pero non só se fixo esta película, senon que é tan coñecido que hai moitísimas máis baseadas nel, por exemplo a conocida adaptación de Disney.

Este libro ten tamen unha segunda parte, "Alicia a través do espello", que tamén está bastante ben, ten un estilo moi parecido ao do primeiro.

Ligazóns de interese:
El pais de las nubes

Wikipedia

No hay comentarios: