
Jacobo Fernández Serrano
Xerais (2009)
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico.
A min gustoume moito porque trata sobre o amor, a maxia, a amizade...
E moi interesante e entretido.
A min gustoume moito porque trata sobre o amor, a maxia, a amizade...
E moi interesante e entretido.
1 comentario:
Eu tamén teño este libro.
É moi bonito, a verdade é que me gustou moito. Moi imaxinativo, sí señor.
Os personaxes que máis me gustan son os dous nenos tritón :3 (?)
Publicar un comentario