jueves, 24 de enero de 2008

La ciudad de los libros soñadores (Walter Moers-Ed. Maeva)

Outro título de Walter Moers, agora moito máis longo.
Esta vez trata dun dragón xoven de 77 anos que quere ser escritor. Ó morrerlle o padriño literario, parte hacia Bibliópolis, a cidade dos libros soñadores, en busca dun escritor que escribiu un manuscrito coa literatura definitiva (Ou sexa que era terriblemente bo). O manuscrito deullo Danzarote, o seu tío e padriño literario.
O dragón chámase Hildegunst von Mythenmetz.
A cidade, famosa en todo o mundo, está repleta de libros ata a saciedade (Ooooh, cómo me gusta esa palabra). Ata as casas están feitas con libros.

Recomendacións:
- A todos os nenos que lles gustou "Las 13 vidas y media del Capitán Osoazul"
-Non tragar o libro de golpe; pódeste atragantar.
-Rico en fibra

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Master Arcania, seique Moers é un dos teus autores favoritos, se non é o que máis, non si?
Coido que na nosa biblio non hai nada deste autor, haberá que facer algo ao respecto...