
Esta historia baséase nunha actualidade lixeiramente avanzada. Ikki, na súa mocidade, descubre o mundo dos Air Treck, patíns con motores eléctricos tan potentes como os dun automóvil coa capacidade de facer grandes saltos. Isto desperta o seu desexo latente de poder voar, voar polo ceo, cada vez máis alto. Movido polas dificultades económicas para este deporte, Ikki forma un equipo de A.T. e métese na Parts War, un sistema de peleas onde, a través de diferentes modos de partida, pódese ir subindo de nivel e obter recambios cos que mellorar os seus patíns. Pero o que comeza sendo un simple pasatempo rematará tendo consecuencias mundiais...
Oh!Great segue impresionando co seu debuxo dinámico, o seu humor bestia e a súa capacidade de deixar cabos soltos para logo ilos atando. Personalmente, os primeiros tomos dan unha idea bastante equivocada do que será unha historia, así que ata o tomo 4 a cousa non se anima. A serie segue aberta.

